xoves, 12 de novembro de 2015

ACTIVIDADE4


Tema 1. Sociedade do Coñecemento. Actividade 4. Identidade dixital

ACTIVIDADE4.pdf
Desenrola os seguintes conceptos da páxina 15 ca información do libro (non é necesario engadir nada máis) e busca 2 imaxes para ilustrar cada concepto. Compón un documento de 2 ou 3 páxinas.
  • DNIe.
    O DNIe, DNI electrónico ou Documento Nacional de Identidade electrónico é o documento emitido pola Direccíon Xeral da Policía que, ademais de acreditar fisicamente a identidade persoal do seu titular, permite:
    - Acreditar electronicamente e de forma inequívoca a identidade da persoa.
    - Asinar dixitalmente documentos electrónicos, conferíndolles unha validez xurídica equivalente ás que lles proporciona a firma manuscrita.
    O DNI electrónico é, por tanto, un instrumento de impulso da sociedade do coñecemento, dado que permite trasladar ao mundo dixital as mesmas certezas coas que operamos cada día no mundo físico. Para iso, incorpora un pequeno circuíto integrado ou chip, que contén os mesmos datos que aparecen impresos no cartón (datos persoais, fotografía, firma dixitalizada, pegada dactilar dixitalizada), xunto cos certificados de autenticación e de firma electrónica.
    Para a utilización do DNI electrónico é necesario contar cun lector de cartóns intelixentes, un PIN necesario para efectuar trámites e o software co que acceder ao seu chip, dispoñible en www.dnielectronico.es.
    Deste xeito, os cidadáns poden realizar múltiples xestións de forma segura a través dos medios telemáticos.




  • Certificado dixital.
    O certificado dixital permite autentificar e garantir a confidencialidade das comunicacións entre cidadáns, empresas ou outras institucións públicas a través das redes abertas de comunicación. Garántese que unicamente o cidadán pode acceder á información, evitando suplantacións.
    Actualmente en España, ademais do DNIe, hai outros certificados dixitais emitidos por diversas autoridades de certificación, entre elas, a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). A maioría de trámites que se poden efectuar cos certificados dixitais son similares aos do DNIe, aínda que algúns concellos requiren do uso do seu propio certificado para ofrecer servizos específicos.
    Para obter o certificado dixital hai que dirixirse presencialmente a unha oficina de rexistro, na que se facilita o software que o usuario ten que instalar no computador e unha clave privada que permite identificar o usuario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario